O Magosto é unha festa imprescindible do outono, onde se celebra un cambio no calendario ao redor das castañas, o viño e sobre todo a comunidade. Por iso especialmente, pola compoñente comunitaria que ten, a Marea Atlántica celebrará o seu Magosto dos Barrios impulsado polos grupos de barrio para seguir a tecer esa rede comunitaria e veciñal que contribúa a construir unha cidade máis próxima e amable.

Por todo isto, contamos contigo o próximo venres 15 de novembro ás 19:00 horas na praza da Concordia do Castrillón. Para construír barrio, para tecer comunidade, para celebrar xuntas, non faltes!

Comparte nas túas redes!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *