Para que serve unha empresa municipal de enerxía? Para garantir prezos dignos nun momento no que a factura da luz se duplicou en poucos anos. Para evitar que se lle corte a luz ás persoas sen recursos. Para favorecer a enerxía renovable e plantarlle cara á emerxencia climática. Para manexar a enerxía coma un ben público. E para moito mais.

Barcelona demostrou que é posible. E nós queremos poñer en marcha Coruña Enerxía. Cóntamoscho este 12 de novembro, ás sete da tarde, no Centro Cívico da Cidade Vella. Acompáñasnos?

Comparte nas túas redes!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *