A festa do Magosto é unha parte fundamental da tradición galega e coruñesa. O fogo, o froito da terra, a comunidade e a festa combínanse nun evento aberto a todas. Un momento catárquico no que a comunidade convive e se asenta.

A Coruña é unha cidade aberta, acolledora e integradora da diversidade. Pero ás veces, cando peredemos certas tradicións, tamén perdemos eses momentos en que traballamos a convivencia e nos coñecemos. É por iso que a Asociación M quere celebrar un Magosto na Agra do Orzán, no que toda a comunidade que vivimos neste barrio e, por extensión, en toda a cidade, lembremos que todas nos necesitamos, e xuntas somos máis fortes.

Nesta festa haberá castañas recollidas por compañeiras voluntarias nunha produción ecolóxica de Vilasantar e haberá música ofrecida por veciñas do barrio, música galega, senegalesa, peruana e de todo tipo, nunha jam sesion que fará as delicias de todas. E, sobre todo, estaremos veciñas e veciños de todas as idades, procedencias, crenzas e modos de vida. Estaremos coñecéndonos, falando, cantando, bailando e desfrutando do outono e da noite na Agra do Orzán.

Será o venrres 9 de novembro, a partir das 19h, á altura do número 91 da rúa Barcelona.

Non faltes! Fai cidade, fai barrio, fai comunidade!

Comparte nas túas redes!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *