A ofensiva de racismo e xenofobia alimentada desde a dereita procura normalizar os discursos de odio. Fronte a quen quere facer máis fondas as discriminacións sociais e a exclusión das minorías, precisamos ferramentas para un discurso claro e contundente de antirracismo político.
No noso día a día escoitamos e lemos mensaxes con fortes cargas xenófobas e racistas, e ter armas para combatelas nos foros e redes sociais, con rigor e contundencia, é un paso imprescindible.
Organizaremos, coa axuda da ONG Ecos do Sur, unha xornada de formación en comunicación e activismo antirracista para á xente da Marea Atlántica e quen queira achegarse. Será o mércores 19 de decembro, ás 19.00h, no local de Ecos do Sur (Avda Finisterre 109).
Para participar, é preciso inscribirse neste formulario: as prazas son limitadas!