A igualdade e a feminización son prioridades na actuación política e social do noso espazo político, sendo tamén liñas transversais no traballo do día a día na Marea Atlántica.

Desde a Área de Comunicación propoñemos abrir un espazo de formación dirixido ás persoas encargadas da comunicación desde diferentes espazos e entidades, para que dispoñan das ferramentas e coñecementos precisos para levar á práctica unha comunicación con perspectiva de xénero e enfoque feminista.

Estas xornadas formativas, previstas para o día 14 de decembro, serán abertas (previa inscrición) para persoas que traballan en medios tradicionais, axencias, entidades sociais ou calquera persoa interesada, tanto dentro como fóra da Marea Atlántica.

Queres participar ou botar unha man para facer esta proposta realidade? Cubre o seguinte formulario!

Como che gustaría participar? (podes marcar varias opcións)
Participar como asistente á formaciónProcura e loxística para o localPegada de carteis (no seu caso)Elaboración de contidos para difusión (textos introdutorios, convites para medios, etc)Elaboración de contidos para redes sociaisContactos coa/s persoa/s que impartirá o obradoiroSistematización do falado na xornada de formaciónPresentación da actividadeAcompañamento da/s convidada/sLoxística e materiais para o desenvolvemento das xornadas (proxector, papelería...)

De conformidade co que establece a lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, informamos que os datos persoais que nos facilite a través deste formulario serán tratados por MAREA ATLÁNTICA, coa finalidade de xestionar a súa solicitude e enviarlle información máis detallada. Para máis información consultar a política de privacidade.

Comparte nas túas redes!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *